Promagal: outra estafa da madeira
Como se os montes galegos non tiveran desgracias abondo despois dos incendios, o abandono masivo e outras calamidades, aínda teñen que soportar outra máis: o falso asociacionismo.
Nos últimos anos, e quizabes anteriormente, levan aparecendo e desaparecendo continuamente diversas asociacións aparentemente relacionadas coa madeira e o fomento do cultivo de eucalipto. Na realidade, esas asociacións pantasma están argalladas co único fin de estafar ao maior número de xente posible e "chupar" cantas subvencións se poidan de calquera instancia pública.
A última en chegar, desta volta pola Mariña, é PROMAGAL (presunta asociación de propietarios de madeira de Galicia). Está organizada por Ramón Reimunde, 'presunto' galeguista, que xa estivo metido noutras que acabaron desfacéndose sen saberse nada máis, e presidida por un tal Picos, emigrante retornado de dubidoso pasado (alcumado o 'negreiro'). O resto do grupo está composto por uns cantos arrimados cun único fin: sacar a maior tallada posible.
Aproveitándose dos baixos prezos da madeira e outros problemas do sector, e da avanzada idade da xente do rural, van formando pola Mariña adiante, e onde poden, falsas agrupacións de propietarios de montes nas que colocan a títeres seus, que procuran entre os propios veciños e que lles sirven de recaudadores. Como norma xeral, procuran xente fácilmente manipulable que poidan controlar. Onde non é posible facer isto porque xa hai xente responsable no lugar, empregan todos os medios posibles para botar aos que desenmascaran o fraude.
Non dubidan en facer charlas e conferencias nas que procuran desprestixiar ás persoas que non están de acordo con eles. Nesas "conferencias", os temas son moi simples. Todo son boas intencións, boas palabras: queremos que suban o prezo da madeira (non sabemos como facelo), imos falar cos da Xunta e o Concello (para que nos dean subvencións de onde sea), é moi importante estar unidos todos os galegos (unidos en base a eles, para recaudar máis).
Se ven que nin aínda así son capaces de lograr os seus obxetivos, chegan a comprar a algunha persoa de moral feble do lugar que poidan utilizar como medio.
Normalmente sempre van en grupo, para dar imaxe de xente nova que vén de fóra. Deste xeito aos paisanos síntense parécelles que están menos están menos sós e aillados. Nas reunións procuran dispersarse para poder captar ao maior número de persoas (a secta). Intentan sempre valerse das incautas institucións e, se poden, levar ás suar charlas ao alcalde ou algún concelleiro. Deste xeito aparentan ter un respaldo oficial.
Naturalmente, dos feitos reais desta asociación non se sabe nada. De vez en cando aparecen na prensa local os seus comunicados de que se incorporan novas asociacións, das que nalgunhas non hai nin cinco persoas. Nin sequera os periodistas se encargan de corroborar esas informacións, da pouca importancia que lles dan.
O dano que fan é maior do que parece, xa que impeden traballar aos que de verdade se preocupan e teñen un interese real no monte. Existe neste país un asociacionismo e un cooperativismo serio, que non ten nada que ver con estes impresentables. Hai xente que traballa en serio, coma no caso do Valadouro, por unha dignificación e rentabilización do monte e que ofrece cousas sólidas, non castelos no aire. O público debe estar informado e as instucións deben preocuparse de destapar estas estafas.












marzo 14th, 2007 at 11:18 pm
Non son coñecedor de este tema pero penso que deberis espricare con mais precision como funcionan estas asociacions e cales son os prexuicios que teñen os donos dos montos ..
marzo 22nd, 2007 at 9:03 pm
Posible estafa en asociación da productores de madeira…
Neste blog denuncianse os métodos que emprega certa asociación da silvicultores para captar novos socios….
maio 5th, 2007 at 11:25 pm
Recientemente, aparecennon por diversos puntos da Mariña Lucense, uns panfletos anónimos titulados: asinados por “Traballador forestal da mariña”.
Sen entrar nas descalificacións e insultos personais contra membros desta directiva, que se califican por si mesmos pola cobardía deste método e pola ignorancia do contido; queremos facer as seguintes consideracións, a pesares da pouca ou nula consideración que nos merecen este tipo de escritos e os seus autores. A finalidade desta nota é deixar claro os seguintes puntos:
1.- A asociación PROMAGAL creouse fai menos dun ano, non consideramos xusto que se nos faga partícipes de éxitos ou fracasos doutras asociacións semellantes das que formaron parte algúns dos membros de PROMAGAL.
2.- Esta asociación nace para loitar por acadar milloras para o sector forestal, o cal está pasando por unha acusada crise que non se pode solucionar de xeito individual. O tempo dirá se estamos errados ou non.
3.- PROMAGAL
maio 5th, 2007 at 11:47 pm
3.- PROMAGAL esta formada por asociacións base de distintos concellos de Ferrolterra, pasando por Ortegal e rematando na Mariña Lucense; unhas 20 asociacións en total. Calquera persoa vencellada co sector forestal pode participar na elección da xunta directiva e no nomeamento do representante de PROMAGAL. Dito isto non podemos entender nin tolerar que se nos acuse de sectarios ou manipuladores dos veciños.
4.- As relacións entre cada asociación de cada concello e PROMAGAL son sempre fluídas, continuas e de colaboración, discutense os problemas e acatanse as decisións da mayoría e sempre respetando as decisións soberanas das asociacións base (tanto é así que dúas destas, decidiron darse de baixa de PROMAGAL). Decisión que sempre acatamos, deixando sempre aberta a porta a unha reincorporación posterior se fose solicitada.
5.- No que se refire, a que sempre vamos acompañadosde alcaldes e concelleiros, temos que decir que buscamos en todo momento acadar o mayor número de apoios posibles das institucións locais, provinciais e autonómicas, independientemente da súa cor e ideoloxía política. Só deste xeito se pode traballar da forma máis eficaz e seria posible.
6.- Finalmente, e o máis denunciable de todo, e que se nos acusa de “chupar” subvencións e de buscar únicamente o lucro persoal, entendemos que os autores destes anónimos, aparte de pouca valentía, amosan unhas dubidosas condicións de adiviños. Para acusar de estafa, a primeira condición sería que tiveramos fondos que malversar e, ata agora, PROMAGAL non cobrou cuota a ningunha asociación, nin ningunha subvención de organismos públicos. Cando se cobren cuotas ás asociacións ou as administracións nos conceda algunha axuda, os socios de PROMAGAL, poderán comprobar os libros de contas, cando o consideren oportuno.
7.- Dende PROMAGAL, vamos a seguir traballando na procura dun mayor desenvolvemento forestal en xeral e máis rendabilidade para os nosos socios.
maio 7th, 2007 at 8:41 pm
Non teño nada en contra de naide, pero o outro dia poiden ver a resposta que vos daba PROMAGAL, e dos dias despois, xa a quitastedes. Repito, non estou de parte de ninguen, entendedevos como poidades, pero a min gustanme a cousas claras, e esto no deixa de ser unha manipulación po la vosa parte, a non ser que non vos interese, que a xente seipa o que decian, ¿ ?
O coitelo e pra cortar, pero que corte ben sempre, e non sólo na soa, no oso tamen, ¡coño!
maio 7th, 2007 at 9:33 pm
Este blog é anónimo. O motivo principal é a cantidade de mafias que existen neste sector e a impunidade da que disfrutan. O que non quita que o dereito a réplica non exista neste blog. E tamén o de contrarréplica.
Sobre os insultos persoais, non opinamos, entre outras cousas porque non os vemos por ningunha parte. Simplesmente expresamos a nosa propia opinión sobre o que estamos a perceber.
Punto por punto:
1.. Primeiro montadés unha e cando se desbarata, montades outra. Cando un leva este modo de vida acaba atopando un muro que non pode franquear.
2. O tempo dirá. Mentres, vós continuades a chupar subvencións.
3. Por que non citades as outras vinte asociacions con nome, razón social e CIF? Porque terán documentos non? Ou seica as máis delas son asociacións fantasmas?
4 e 5. Estou seguro que as relacions son sempre fluidas. Tedes un máster en adulación. PP, PSOE, BNG: todos son bos cando arrean a pasta.
6. Ainda non cobrachedes, mais xa tedes postas a cuotas que ides cobrar. Tedes experiencia e tamén paciencia, por iso non vos apurades. E en canto aos libros de contas, tedes colocado nas vosas directivas títeres a xente que apenas sabe ler e moito menos entende de libros de contas. A xente preparada que tivéstedes que admitir desconfía de vós, aínda que de momento vos dea unha marxe.
7. O traballo hai que demostralo con feitos, non con boas palabras. Así de simples. Cando fagades algo, avisade porque de momento non se veu que fixerades nada bo. Estaremos aquí agardando.
Fume, fume e máis fume. Continuaremos a falar do tema, non precisamos de tanta palla coma vós para respostarvos. E nós tamén temos paciencia.
maio 7th, 2007 at 9:50 pm
Ao señor Ferreiro:
Debedes pensar que somos parvos: o comentario de Promagal ao igual que o teu, e seguindo as normas do Wordpress que emprega Blogaliza, non se publica automáticamente. Está suxeito a moderación, é dicir, que o administrador do blog ten que aprobalo antes de ser publicado.
Este blog non se actualiza frecuentemente, xa que preferimos incluir artigos extensos e non simples novas que xa cubren os portais de noticias. Non deixa de ser curioso que o teu comentario apareza só uns dous días despois do de Promagal.
Ferreiro, ou blogaliza ten un bug ou és un de Promagal camuflado.
Como vedes, aquí non hai censura.
abril 23rd, 2008 at 12:30 pm
Las mismas criticas que recibe hoy promogal las recibió en su dia la ORGACCMM. Por que Galicia es la comunidad autonoma que dispone de las mejores tierras para el cultivo forestal y estamos a la cola de Europa?. La solución ya la dió el poeta castelao hace unas decadas, pero no avanzamos. Creo que la ORGACCMM esta siendo muy injusto con sus colegas, pero….. seguiremos a la cola , apreciado poeta.
decembro 30th, 2008 at 10:56 pm
Hai algo que non entendo: PROMAGAL é unha asociación de propietarios de madeiras de Galiza. Eu conozco algun “personaxe” da directiva que de propietario non ten nada (¿cómo demostran que son propietarios?).NON SEI SI HAI MOITOS, PERO HAI ALGUN FANFARRÓN HAI METIDO QUE VALE X MIL.